O martes 5 de novembro, no salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa do campus de Elviña, terá lugar a xornada “Mulleres líderes e sustentabilidade”, dirixida a mulleres emprendedoras e/ou líderes do tecido empresarial coruñés e aberta a toda a comunidade universitaria e ao público en xeral (requírese inscrición previa). Organizada pola profesora María Barreiro, integrante do CEXEF, conta coa colaboración da Oficina de Igualdade e o financiamento do Concello da Coruña.

Inclúese a continuación o programa do evento.

9:00h. REXISTRO
9:30h. INAUGURACIÓN PRESENTACIÓN. SALÓN DE GRAOS, 2º ANDAR
Inauguración por parte da Vicerrectoría de Igualdade e Diversidade (UDC).
Presentación. Dª. María Barreiro Gen. Organizadora e membro do CEXEF.
10:00h. PANEL “Mulleres líderes e sustentabilidade no tecido empresarial coruñés”.
Dª. Ana Isabel Ulloa. Presidenta de AECO e Directora en iWORKs LEVEL.
Dª. Ana Ulloa Piñeiro. Fundadora e directora de APORTA.
D. Luis García Deber. Director Xerente Fundación Ronsel e Presidente Youth Business Spain.
11:30h PAUSA-CAFÉ.
12:00h OBRADOIRO DIRIXIDO E NETWORKING “Experiencias sobre como contribuír á sustentabilidade. Dimensións, forzas, retos e barreiras”.
Moderado por D. Rodrigo Lozano. Fundador e Director de Organizational Sustainability Ltd. e Lozano Consulting
13:30h CONCLUSIÓNS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *