Como se incorpora perspectiva de xénero á investigación? Que impacto ten este coñecemento máis aló da universidade?
O PechaKucha_CEXEF 2026 reúne alumnado, profesorado e persoal investigador para compartir, nun formato áxil e participativo, experiencias, proxectos e resultados que integran o feminismo e a perspectiva de xénero en diferentes disciplinas a través de presentacións breves, dinámicas e visuais.
Unha oportunidade para coñecer novas investigacións, descubrir metodoloxías innovadoras e reflexionar sobre como a produción de coñecemento pode contribuír á transformación social. Máis aló da exposición de proxectos, o encontro pretende favorecer a reflexión crítica, o intercambio de experiencias e a creación de redes de colaboración entre persoas comprometidas cunha investigación máis inclusiva, diversa e socialmente transformadora.
Programa completo: PechaKucha CEXEF
Vos esperámos!

