Neste mes especial de reivindicación e visibilización do colectivo LGTBIQ+, desde o CEXEF prácenos convidarvos a unha xornada que permanecerá alén destas semanas destacadas, deixando unha pegada permanente no coñecemento enciclopédico recollido pola Wikipedia.
“Contra o baleiro” recolle a máxima feminista que nos lembra que o que non se nomea, o que non se conta, non existe. Unídevos a esta xornada de edición LGTBIQ+ na Wikipedia, o vindeiro luns 9 de xuño a partir das 10 na aula 2.6 da Facultade de Filoloxía (campus de Zapateira).
O programa do evento é o seguinte:
- 10:00 Presentación
- 10:30 Sesión 1: Abrir arquivos, contar vidas
- 11:45 Pausa – café
- 12:00 Sesión 2: Editar para ficar
Podes consultar o cartaz en detalle aquí.

