Os vindeiros 6 e 7 de novembro, o Salón de Graos da Facultade de Dereito acollerá as III Xornadas “Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”, aberta a toda a comunidade universitaria e ao público en xeral (requírese inscrición previa).

Estas xornadas buscan debater sobre os nesgos implícitos na intelixencia artificial, como nos afectan e como se poden eliminar para conseguir unha sociedade máis plural e inclusiva para un futuro mellor. Para suscitar a devandita reflexión contaremos cun intenso programa no que participan persoas relatoras de diversos ámbitos do coñecemento, establecendo un diálogo entre academia e profesión.

Organizada polas profesoras Teresa Piñeiro e Laura Castro, integrantes do CEXEF, e mais pola profesora Laura Morán, contan coa colaboración da cátedra NTT Data, o CITIC, e o financiamento do Concello da Coruña.

Inclúese a continuación o programa do evento.

6 novembro (mércores)

09.30 h – Inauguración oficial das xornadas
10.00 h – Que nesgos importan? Envelenando conxuntos de datos para clasificación de imaxes. Iris Domínguez (Universidade pública de Navarra)
11.00 h – Café de comercio xusto
11.30 h – Máis alá dos nesgos: por que é tan difícil eliminar o machismo dos algoritmos. Naiara Bellio (AlgorithmWatch)
12.30 h – Diversidade e tecnoloxía. Por que a IA necesita equipos inclusivos? [Mesa redonda]. Belén Valle Cao (NTT Data), Natalia Monje (Ecos do Sur), Xián Vázquez Luna (UDC) e Rubén Pérez Jove (UDC)
16.00 – 18.00 h – Editatona. Obradoiro e editatona da Galipedia

7 novembro (xoves)

10.00 h – Píxeles, datos e neuronas. Alba Meijide (Consultora e xestora de proxectos de IA)
11.00 h – Café de comercio xusto
11.30 h – Regulación da IA: desde a AI Act a outras regulacións internacionais. Belén Arribas (ENATIC, IFCLA, European Data Protection Board)
12.30 h – O papel da Administración na era da IA [Conversatorio]. Javier Torres Gella (SX da AESIA) e Bertha Guijarro (UDC)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *